domingo, 25 de noviembre de 2007

RECORDOS DO FESTIVAL 2007

II FESTIVAL ORCELLON FALA E CANTA-ABRIL-MAIO 2007:

Neste 2º festival orcellon fala e canta, espallamos as rúas do carballiño de arte e creatividade, comezamos coa actuación dun artista moi completo como é NELSON QUINTEIRO, que nos abraiou cun espectáculo de mestizaxe entre o tradicional e a innovación, parte do colectivo acabou a altas horas da noite cantando a capela polas rúa principal da vila co artista. A seguinte actividade foi unha mestura de teatro de tasca e a mellor musica tradicional en estado puro de bar en bar, os nenos tamén tiveron o seu auditorio especial e ANXO MOURE E SERVANDO fixeron agromar a ledicia en nenos e maiores, os poetas non foron menos e o bar O Caserio fluíron versos Do CLUBE DOS POETAS VIVOS, o audiovisual estivo presente co director de curtas MANUEL NANIN, e o grupo COANHADEIRA presentouse con moita forza para ser o nova sorpresa folk do momento en Galiza, o broche de ouro foi un grandísimo concerto de ROBERTO SOBRADO E AMIGOS cos camarotes cheos do Café Titanic, despois da resaca o mellor e dar un paseo no I ROTEIRO DE MANUEL MARIA, que foi unha ollada o Carballiño mais etnográfico e emotivo, amigos do finado poeta déronse cita neste I Roteiro.

1 comentario:

Unknown dijo...

Jajajaja!
Que noite máis fantástica de parola, cantigas e licor café!!!
Hai que artellar unha desas, meus, en horas e locais máis tempestivos!!!
e a festa repetímola!
Bicos.
Nelson