domingo, 25 de noviembre de 2007

CARA O 2008

AVANTAR E UN ACTO DE AMOR A NOSA TERRA, A NOS MESMOS, E A NOSA CULTURA.
AO LONGO DE DOUS ANOS DE EXISTENCIA DO FESTIVAL PASARON UNHA MOREA DE BOS ARTISTAS. Sabemos que é moi difícil levar a cultura a rúa, alí onde non e moi común ver teatro, poesía, cine, musica...pero nos conseguimolo, por iso a nosa idea primitiva sempre foi acercar aínda mais a CULTURA A XENTE, e iso fai que agora teñamos mais forza para seguir neste proxecto.

PROXECTO FESTIVAL ORCELLON FALA E CANTA 2008: Xa estamos a preparar o 3º festival e temos en mente traballar arreo para que sexa unha edición moito mais MUSICAL para iso estamos a falar con moitos artistas do noso país, algunhas artistas xa coñecen o noso proxecto como por exemplo: MARIA LADO E LUCIA ALDAO co seu espectáculo poético musical, ou o recente gañador do APOLOGHIT-07 que é o grupo compostelan: SACHA NA HORTA, tamén xa coñece o noso proxecto CARMEN REY que ten moita ilusion por presentar o seu novo proxecto MEU. Ainda que polo de agora non hai nada pechado. Pero como o tempo non para, e nos temos moita ilusión por achegar a nosa vila un bo repertorio de artistas nun maio cargado de palabras ceives e musica daqui.

No hay comentarios: