miércoles, 19 de marzo de 2008

ENRIQUE PAISAL PIANISTA DOS TAMARA




Enrique F. Paisal Rego (Ricucho)


Naceu en Palmeira en 1938. Aos 8 anos comeza estudos de solfeo é acordeón co seu pai. Os 18 anos pasa a formar parte do grupo “Os Tamara” como fundador e consegue os seus maiores éxitos. Con esta formación recorre medio mundo actuando en Joan Lespines, Olimpia de París en Francia; actuaron por toda Europa e tamen fixeron televisión é radio en cada país visitado.

En 1964 Os Tamara graban o seu primer LP con música composta por eles é letra de grandes literatos da nosa terra como Rosalía de Castro, Curros Enriquez, Celso Emilio Ferreiro, ... Con este LP chegan a Arxentina é Venezuela. O grupo graba 12 LPs é 58 singles. Estando de xira cos Tamara, en Barcelona, Enrique estuda improvisación co mestre D. Ramón Burrull.

No ano 1975 deixa o grupo é regresa a Santiago donde comeza a dar clases no Conservatorio de Porto do Son. Enrique faise cargo da coral “Voces do Son” coa que chegou a grabar un LP.

Na actualidade, a parte de ser o director do Conservatorio, segue compoñendo música para cantantes galegos, cancions polifónicas a catro voces para coro é por suposto compón é edita o seu primeiro disco en solitario “La vida es una sola” no ano 2000.

Recentemente acaba de estrenar o seu segundo disco en solitario “Enrique Paisal, amigas é amigos” no que colaboran recoñecidos cantantes galegos como Pili Pampín, Uxía, Sito Sedes, Tita, Tito Calviño é Paco Lodeiro. Tamén acaba de preparar un disco co I.G.A.E.M. edita como homenaxe Os Tamara, composto por 12 temas; 8 coñecidos é 4 inéditos dos cales e o autor de 3. Neste disco conta coa colaboración de Tito Calviño, Yolanda Vázquez, e do grupo Astarot, Susana Santiago é Fidel Fernán.