martes, 25 de diciembre de 2007

O 2008 BEN CARGADO DE AGASALLOS





Xa está aqui o 2008, e xa agroman algunhas novas importantes para o vindeiro festival "orcellon fala e canta".



CARMEN REY presentará o seu novo disco MEU no orcellón.


LUCIA ALDAO E MARIA LADO tamén estarán presentes nesta nova edición co seu espectaculo POÉTICO MUSICAL.




domingo, 25 de noviembre de 2007

CONCERTO DE ROBERTO SOBRADO NO 2007



ROBERTO SOBRADO E BANDA NA ACTUACION DO TITANIC... ALI COS CAMAROTES CHEOS FIXO UN CONCERTO MAXISTRAL.







MENTRES O SUOR CAIA POLAS FACIANAS DOS ARTISTAS, O NUMEROSO PUBLICO QUE SE APRETABA NO TITANIC COREABA AS CANCIONS DO GRUPO...

versionaron a MANU CHAO, LAMATUMBA,...

E FIXERON UN CONCERTO IRREPETIBLE.






CARA O 2008

AVANTAR E UN ACTO DE AMOR A NOSA TERRA, A NOS MESMOS, E A NOSA CULTURA.
AO LONGO DE DOUS ANOS DE EXISTENCIA DO FESTIVAL PASARON UNHA MOREA DE BOS ARTISTAS. Sabemos que é moi difícil levar a cultura a rúa, alí onde non e moi común ver teatro, poesía, cine, musica...pero nos conseguimolo, por iso a nosa idea primitiva sempre foi acercar aínda mais a CULTURA A XENTE, e iso fai que agora teñamos mais forza para seguir neste proxecto.

PROXECTO FESTIVAL ORCELLON FALA E CANTA 2008: Xa estamos a preparar o 3º festival e temos en mente traballar arreo para que sexa unha edición moito mais MUSICAL para iso estamos a falar con moitos artistas do noso país, algunhas artistas xa coñecen o noso proxecto como por exemplo: MARIA LADO E LUCIA ALDAO co seu espectáculo poético musical, ou o recente gañador do APOLOGHIT-07 que é o grupo compostelan: SACHA NA HORTA, tamén xa coñece o noso proxecto CARMEN REY que ten moita ilusion por presentar o seu novo proxecto MEU. Ainda que polo de agora non hai nada pechado. Pero como o tempo non para, e nos temos moita ilusión por achegar a nosa vila un bo repertorio de artistas nun maio cargado de palabras ceives e musica daqui.

RECORDOS DO FESTIVAL 2007

II FESTIVAL ORCELLON FALA E CANTA-ABRIL-MAIO 2007:

Neste 2º festival orcellon fala e canta, espallamos as rúas do carballiño de arte e creatividade, comezamos coa actuación dun artista moi completo como é NELSON QUINTEIRO, que nos abraiou cun espectáculo de mestizaxe entre o tradicional e a innovación, parte do colectivo acabou a altas horas da noite cantando a capela polas rúa principal da vila co artista. A seguinte actividade foi unha mestura de teatro de tasca e a mellor musica tradicional en estado puro de bar en bar, os nenos tamén tiveron o seu auditorio especial e ANXO MOURE E SERVANDO fixeron agromar a ledicia en nenos e maiores, os poetas non foron menos e o bar O Caserio fluíron versos Do CLUBE DOS POETAS VIVOS, o audiovisual estivo presente co director de curtas MANUEL NANIN, e o grupo COANHADEIRA presentouse con moita forza para ser o nova sorpresa folk do momento en Galiza, o broche de ouro foi un grandísimo concerto de ROBERTO SOBRADO E AMIGOS cos camarotes cheos do Café Titanic, despois da resaca o mellor e dar un paseo no I ROTEIRO DE MANUEL MARIA, que foi unha ollada o Carballiño mais etnográfico e emotivo, amigos do finado poeta déronse cita neste I Roteiro.

FOTOS DO FESTIVAL 2007

ANXO MOURE TOLEANDO COS NENOS
NUN AUDITORIO IMPROVISADO...








COANHADEIRA NO BAR CARTUCHO.

O FESTIVAL DEULLES FORZA PARA SER O REFERENTE FOLK

DO MOMENTO.

O PUBLICO ESTIVO TOTALMENTE VOLCADO CO GRUPO OURENSAN E O FINAL FOI PARA RECORDALO MOITO TEMPO

COMEZA A FESTA

O CARRABOUXO COMEZOU O 1º FESTIVAL

O PUBLICO VOLCOUSE COS ARTISTAS NAS DUAS EDICIONS

ANXOBLASTRIO FOI A REVELACION DO 2006

XURXO SOUTO SEMPRE O CARON NOSO

¡esto e o mellor do festival!...