viernes, 15 de mayo de 2009

PRIMEIRO DÍA: exaltación ghaiteira 2


Cando chegamos ao VaiVen xa nos estaban a agardar as cantareiras. Aquí vemos a unha delas coa percusión. Árdelloeixe!

Baixando pola costa de Flores a exaltación ghaiteira xa era coma unha bola de neve: cada vez subíase máis xente á expedición. No Galigolo o Suso Carballido, unha pandereiteira e mailo Óscar acompañaron aos titurales.
Estas tres cantareiras pandereiteiras puñan os pelos de punta. Os ghatos de Flores fuxiron polos tellados, o demo anda preto! Mimadriña!
Como non! Sempre aparece algún valente que se atreve co punta-tacón. O Víctor e o Óscar empezan o recital na Canella. Ghasús! Que dous!

O venres rematou na Bodegha cunha Llansesión. Os ghaiteiros saían debaixo das pedras e o bombo ía rulando dunhos a outros (aínda que o Óscar tentase monopolizalo), as herbas e o licorcafé mollaban as gorxas e os aturuxos espantaron as meigas.
Un bo encete de festa!



No hay comentarios: